O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de confirmar que o Pazo
Provincial da institución provincial abrirá as súas portas esta fin de semana para compartir coa cidadanía a Copa do Mundo que alzou en Australia a Selección Española Feminina de Fútbol. “A nosa vontade é que toda a veciñanza de Pontevedra e do conxunto da provincia poida achegarse ata o Pazo Provincial e ver de preto esta copa histórica que converteu ás futbolistas españolas como campioas do mundo”, remarcou López.
A Copa do Mundo estará exposta no vestíbulo do Pazo Provincial da Deputación este sábado 25 e domingo 26 de novembro para que a cidadanía poida vela de preto de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Xunto á Copa do Mundo que alzou a selección absoluta en Australia exporanse tamén as copas dos campionatos do mundo sub-17 e sub-20 conseguidas no 2022.