domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsAs novas axudas da Xunta para o alugueiro cubrirán ata o 60%...

As novas axudas da Xunta para o alugueiro cubrirán ata o 60% da renda

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a Xunta reforza a súa política
de vivenda con tres novas medidas para facer “máis sinxelo e doado” o acceso da
cidadanía a un fogar e para impulsar a rehabilitación de inmobles na comunidade. “Haberá incentivos para os promotores que constrúan vivenda para destinar a alugueiro accesible,
reformaranse as axudas ao alugueiro para facelas progresivas, en función da renda, e
haberá unha nova rebaixa fiscal”, resaltou.

Estas novas medidas enmárcanse no compromiso da Xunta con impulsar vivenda pública
e mellorar o acceso a un fogar. “Galicia é a comunidade coa política de vivenda máis
ambiciosa”, indicou o presidente, que lembrou que desde 2009 “preto de 5.000 persoas
accederon a unha vivenda de promoción pública” e que o Goberno galego está a traballar
para “impulsar 1.900 novos fogares de alugueiro e 3.000 de promotores privados”. O
obxectivo máis inmediato da Xunta é “incrementar nun 50% o parque galego de vivenda
público”, o que implicará un investimento de 250 millóns de euros.

O Consello tomou hoxe razón dun informe da Vicepresidencia Segunda e Consellería de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sobre o catálogo de axudas que se convocarán o
vindeiro ano neste eido. Tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de
Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, “a Xunta mobilizará o ano que
vén un orzamento ampliable de 56 millóns de euros”, a través dunha vintena de liñas de axudas e programas co obxectivo común de facilitar o acceso á vivenda, en réxime de
compra ou de alugueiro, e apoiar a particulares, comunidades de propietarios e concellos
na rehabilitación de inmobles e edificios de uso residencial.

Recuperación de vivendas

Co fin de facilitar e garantir o acceso da cidadanía á súa vivenda habitual,
está previsto apostar por una decena de programas para compra e alugueiro dotados en
total de 44,42 millóns de euros.

Ademais e para seguir apostando pola rehabilitación do patrimonio residencial xa construído, tamén se convocarán outras liñas de subvención, dotadas para o ano que vén
de 12,1 millóns de euros, unha partida que previsiblemente será moito maior, xa que polo
momento se descoñece o importe que se asignará ás axudas para a rehabilitación
enerxética financiadas con cargo ao NextGenerationUE, debido a que o Ministerio aínda
non fixo a nova repartición dos fondos europeos entre as comunidades autónomas.
Partindo destas dotacións iniciais, a previsión do Instituto Galego da Vivenda e Solo
(IGVS) é que se poidan conceder ao redor de 6.100 axudas para a compra ou o
arrendamento da vivenda habitual e, no eido da rehabilitación, considérse que as distintas
ordes de subvencións permitan financiar a recuperación de, como mínimo, 2.100 inmobles,
aos cales hai que sumar outros 16.000 máis nos cales vai actuar grazas ás axudas para a
mellora da eficiencia enerxética que se están a resolver nestes momentos (convocatoria
de 2023).

Axudas aos menores de 36 anos

En materia de acceso á vivenda en réxime de alugueiro, cómpre subliñar a introdución por
parte da Xunta dunha serie de novidades na orde de axudas directas para inquilinos.
Grazas á incorporación de fondos propios da Comunidade para o seu financiamento, a
convocatoria de 2024 sairá por 20 millóns de euros —10 millóns para o vindeiro exercicio e
10 millóns para 2025—.

Esta dotación permitirá chegar a un maior número de persoas (estímase que serán ao
redor de 3.600 beneficiarios) pero, ademais, tamén se introducirán cambios substanciais
nos criterios da futura orde que permitirán cubrir en determinados supostos “o 60 % do
importe da renda mensual do alugueiro”, explicou a conselleira, cando ata o de agora a
subvención era do 50 %.

Para tal fin e como novidade, incrementarase en 10 puntos a porcentaxe da axuda que lle
correspondería en función dos seus ingresos cando a persoa solicitante pertenza a algún
dos seguintes colectivos, tendo en conta as dificultades que adoitan ter á hora de acceder
a un fogar: os menores de 36 anos, as familias numerosas e as monoparentais, os
emigrantes retornados e todas as persoas que leven 1 ano ou máis inscritas no Rexistro
Único de Demandantes de Vivenda Protexida do IGVS.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS