A Garda Civil investiga a aparición do corpo sen vida dunha muller nun monte próximo ao Polígono Industrial das Gándaras, no municipio do Porriño. Foi sobre as 17:00 horas cando se atopou o cadaver. Actualmente están alí varias patrullas da Garda Civil e da Policía Local.
Foi un transportista o que deu a voz de alarma. O conductor parou para falar por teléfono cando apreciou o que parecía un corpo, oculto detrás dun contedor.
O corpo sen vida da muller, da cal aínda se descoñece a súa identidade, pero parece que se trata dunha persoa moza, está sendo custodiado pola Garda Civl e a Policía Local á espera de que chegue o médico forense e os equipos de criminalística, que deberán recabar as probas necesarias para esclarecer os feitos.
Aparentemente, o corpo non presenta signos de violencia e se descoñece canto tempo leva no lugar.