O representante sindical de UXT no comité de folga dos bombeiros comarcais, Pedro Fernández, relatou en Si Radio de Galicia a situación na que se atopan os bombeiros dos parques comarcais de toda Galicia, en folga desde o 15 de xuño, coas negociacións paralizadas por parte da Xunta e das Deputacións.
Sen facer horas extras e sen mantemento dos parques, moitos deles pechados durante moitos días por falta de efectivos, decidiron en asemblea facer unha acampada en Santiago e chegarán a folga de fame se non se reactivas as negociacións.
Entrevista: