sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas bonifica os impostos dos baixos que se destinen a ser empregados...

Ponteareas bonifica os impostos dos baixos que se destinen a ser empregados como portais no Corpus Christi

O goberno municipal de Ponteareas, liderado pola popular Nava Castro, levou a un pleno extraordinario a bonificción do Imposto de Bens e Inmbobles ( IBI) co obxetivo de «excluír desta taxa aos centros sanitarios de titularidade autonómica, fortalecendo así a infraestrutura de saúde», segundo apuntan dende o Concello. De igual maneira, outórgase esta bonificación para aqueles centros culturais que non sexan de titularidade municipal así como para os propietarios que en festividades como o Corpus Chisti destinen os seus baixos como lugar de traballo e almacenamento para os alfombristas. O que se coñece na vila como «portais».

Ademais, o goberno municipal aprobou o pleno unha bonificación en referencia ao Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) co obxetivo de «formentar o progreso urbanístico e social na localidade como é o caso da cota para obras realizadas por adminsitracións públicas, o que beneficiará á construción do novo centro de saúde, unha medida crucial para o benestar dos veciños e das veciñas», segundo apuntan dende o Concello. Tamén se estende a bonificación ás obras realizadas nas instalacións por parte de coelctivos sociais, culturais e deportivos, «sempre que estean aliñados cos obxetivos das devanditas organizacións».

Suba do 4% do ICIO

Á parte da bonificación do ICIO para este tipo de cuestións, o goberno municipal aproba a suba do tipo impositivo ao 4%, «aliñándoo así cos estándares da maioría dos concellos provinciais». Unha suba que segundo explica o executivo local «repercute sobre as obras de carácter maior xa que as de pequeno volume non se incrementan».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS