«Mala noticia» é, segundo o presidente galego, Alfonso Rueda, que España volva ter a Pedro Sánchez como presidente, tras ser investido este xoves no Congreso.
Consecuentemente, Rueda pide «canto antes» a covocatoria dunha Conferencia de Presidentes autonómicos para explicar as «cesións» aos independentistas.
Na conferencia de prensa tras o Consello da Xunta, o mandatario galego reprochou a Sánchez que durante a súa intervención no debate de investidura «faltou á verdade» sobre Galicia polos datos ofrecidos sobre peche de colexios e outras cifras, co que demostrou que o seu coñecemento e aprecio a esta comunidade son «practicamente cero».
Alfonso Rueda: