martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasInvestigan a catro veciños de Ponteareas relacionados cun roubo nunha xoiería de...

Investigan a catro veciños de Ponteareas relacionados cun roubo nunha xoiería de Monçao

A Garda Civil de Pontevedra, mediante o Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial e a Área de Investigación do Posto de Ponteareas, xunto coa Policía Nacional de Pontevedra e a GNR de Valença de Minho procederon á detención e investigación dun total de 8 persoas pola comisión dos delitos de roubo con violencia e intimidación, lesións e tenencia ilícita de armas e receptación.

Foi no mes de maio cando se comete un atraco nunha xoiería de Monçao, en Portugal, onde catro persoas intimidan e golpean á responsable da xoiería e sustraen elementos por valor de máis de 55.000 euros. Un dos autores principais do feito foi detido semanas maís tarde pola Policía Nacional por un delito de homicidio na localidade de Pontevedra no marco doutra investigación. Alí, os efectivos interveñen xoiais procedentes da xoiería asaltada en Portugal.

Vecinos de Ponteareas

Tras coñecer que os autores poderían ocultarse en España, iníciase unha investigación conxunta xunto coa GNR e averiguan que os catro autores poderían ser españois con domicilios en territorrio nacional. Logo de diferentes pesquisas e a análise da información recabada de forma coordinada, estalécese unha liña de investigación que permite identificar aos catro autores do atraco.

Por outra parte, localízase en Ponteareas a 4 persoas veciñas da localidade que son investigadas pola comisión dun delito de receptación dos efectos procedentes do roubo na xoiería portuguesa tras ser vendidas en varios establecementos de compra venta de ouro.

Como resultado da operación, recupérase numerosas pezas roubadas e lévase a cabo a detención de 8 persoas, unha delas xa en prisión. Localizan unha arma de fogo nun rexistro domiciliario nun dos detidos.

A investigación conxunta, denominada policialmente Operación Canillos-Magro, foi coordinada pola Fiscalía de Pontevedra , os xuzgados de Ponteareas e o Tribunal Judicial de Monçao.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS