Gran escaparate do sector cultural galego, Culturgal, despregará máis de 200 actividades. Celebrarase do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, en Pontevedra a súa sede habitual,e sumará este ano actividades en Vigo fóra das datas oficiais do evento, baixo a denominación de Culturgal Expandido.
Cambia de nome e pasa a chamarse «Feira das Culturas Galegas». Ao seu fronte está agora o escritor e axente cultural Camilo Franco, quen adianta que esta décimo sexta edición “vai intentar non tanto ser una revisión como un adianto do ano seguinte”, para que o público poida saber que vai haber na literatura, o cinema, o teatro, a danza ou o videoxogo galego no 2024.