domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsSucesosDetido por estampar a súa moza contra os mobles do baño en...

Detido por estampar a súa moza contra os mobles do baño en Vigo

Un home de 30 anos e veciño de Vigo foi detido tras estampar á súa parella contra os mobles do cuarto de baño e arrastrala polo chan, causándolle fortes feridas na cara e no pescozo.

Foi un veciño o que avisou á Policía Local as escoitar os berros da muller pedindo auxilio cando logrou zafarse do agresor. Unha vez no lugar, os axentes atoparon ao home, L. F. M. S, chorando e, unha vez dentro do domicilio, á vítima, unha muller de 43 anos, cun forte golpe e erosións no lado esquerdo da cabeza e o pescozo.

No seu relato explicou que tivera unha gran discusión coa súa parella, ao ter tentando ela finalizar a relación. Cunha actitude moi violenta, o home a zarandeó, lanzouna contra o mobiliario, arrastrándoa logo polo chan mentres a ameazaba.

Nun descoido puido fuxir e pedir axuda.

O presunto agresor foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS