O CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba (Lugo) acollerá este martes, 14 de novembro, unhas xornadas divulgativas sobre o selo de calidade Artesanía Alimentaria.
Os alumnos e alumnas poderán coñecer o proceso de elaboración artesanal do Requeixo das Neves e tamén farán parte del.
O Requeixo das Neves ten o selo Artesanía Alimentaria desde febreiro de 2023 e o presidente da Cooperativa Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, explica que lles aporta e en que se diferencia o Requeixo das Neves doutros produtos cos que en ocasións se confunde ou denomina erroneamente:
«Artesanía alimentaria é un selo que nos dá ese plus de calidade e garantía fronte ao consumidor, que con el sabe que o noso “requeixo” está feito polas mans de persoas que atesouran os coñecementos ancestrais das Neves», explica Alejandro Martínez.
Alejandro Martínez: