domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta aproba unha oferta de emprego público de 1.205 prazas

A Xunta aproba unha oferta de emprego público de 1.205 prazas

O Consello da Xunta aprobou este xoves unha oferta de emprego público de 1.102 prazas. Delas, máis da metade, 606, serán de acceso libre, 309 de promoción interna e 187 para funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta. Nas próximas semanas comunicaranse as datas dos exames da oferta de emprego público para a Administración xeral.

O presidente galego, Alfonso Rueda avanzou, tras a reunión semanal do Consello da Xunta, que se vai crear unha unidade especializada de axentes medioambientais para velar polo patrimonio natural de Galicia. Será unha brigada móbil que traballará por toda a comunidade para investigar e perseguir accións vencelladas, por exemplo, ao uso de velenos ou infraccións graves na pesca e na caza.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou tamén a aprobación do “concurso” mediante o que se licitará a xestión das dúas primeiras residencias de maiores cedidas pola fundación Amancio Ortega en Santiago e Lugo, por valor de 10,9 millóns de euros. Críticas dos sindicatos ao entender que debería ser o Goberno galego o que asumise a xestión das residencias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS