A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, vén de manter unha xuntanza telemática na que abordou a problemática que este verán afectou ao concello, xunto ao de Salvaterra de Miño e Tomiño, por mor da presenza masiva de moscas, unha cuestión que «entendemos que debe ser abordada de xeito colectivo polas diferentes administracións en busca das posibles solucións», segundo dixo a rexedora de Salceda.
Podes escoitar a entrevista completa aquí: