A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, aclara que o acordo limítase a investitura, «o resto da lexislatura o único compromiso do BNG segue a ser con Galiza» aclara.
Pontón asinou o acordo coa ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, e estivo presente tamén Xosé Ramón Gómez Besteiro, deputado do PSOE por Lugo que formou parte do comité negociador.
O BNG destaca que grazas a este acordo do BNG, Galiza avanza en cuestións como «ferrocarril, subida das pensións, rebaixa das peaxes ou xulgados contra a violencia de xénero».
Pontón lémbralle a Rueda que reclamar para Galiza un mesmo trato na condonación da débeda é tamén un acordo unánime do Parlamento.
Ana Pontón:
Pola súa parte, Xosé Ramón Gómez Besteiro, lembra que o PSOE non precisaba o voto do BNG para que Sánchez sexa investido presidente pero os socialistas pensan en Galicia e os 7 deputados galegos que ten o PSOE tiveron moito que ver:
Xosé Ramón Gómez Besteiro: