O Partido Popular de Tomiño solicita ao goberno municipal liderado pola nacionalista Sandra González que «modernice e mellore as accións de apoio ao comercio local, xa que as actuais son escasas e ineficientes para o sector».
Acusan ao Bloque Nacionalista Galego de «botar balóns fóra e poñer excusas ante a absoluta realidade de que rexeitaron e votaron contra unha moción feita en positivo con propostas novidosas e exitosas noutros municipios que só pretende revitalizar e axudar a un sector fundamental».
Podes escoitar a entrevista coa líder do PP en Tomiño, Lara Meneses: