Expourense acolle a 24 edición da feira internacional gastronómica Xantar ata o domingo, 5 de novembro. Como grandes novidades a entrada gratuíta e a zona de tapeo, para que non só se poida comer un menú pechado nos restaurantes instalados.
O túnel do Viño e a posibilidade de coñecer máis dun cento de caldos das D.O. de Galicia, showcookings e conferencias.
Catas comentadas, maridaxes, presentación de produtos innovadores, tres aulas gastronómicas e unha de cata son algúns dos motivos, unidos á chuvia, para elixir Xantar como plan desta fin de semana.