O presidente da Federación provincial de empresarios de Hostelería de Pontevedra (FREPOHOS), César Sánchez-Ballesteros, explica que as ceas de empresa se adiantan no calendario cada vez máis. Son moitas as que se celebran xa antes da ponte de decembro (6 ao 8 de decembro). En parte pola influencia das luces de Vigo, que motivan que as últimas fins de semana de decembro haxa moitas reservas e, tamén, para que non se pisen con outras celebracións familiares.
Ballesteros tamén aclara que a razón pola que algúns restaurantes piden un sinal económico para facer a reserva dun xantar ou cea «débese ao sentido común», cando se trata dun grupo de moitos comensais, para evitar unha gran perda ante a ausencia finalmente de moitos dos previstos ou unha anulación de última hora.
Ademais, o presidente de Feprohos tamén explica que cada vez son máis as familias que celebran as festas de nadal nun restaurante, en parte, pola carencia de espazo nos fogares actuais máis pequenos e sen capacidade para cociñar para gran número de persoas.