Aínda non hai data pero a Audiencia Nacional citou declarar, en calidade de investigados, a dous directivos de Pesquerías Nores, armadora do pesqueiro Villa de Pitanxo, naufragado en febreiro de 2022 en augas de Terra Nova.
Ambos acudirán declarar ante a Audiencia Nacional en calidade de investigados pola súa presunta responsabilidade no naufraxio.
O pesqueiro galego Villa de Pitanxo naufragou en augas do Canadá en febreiro de 2022, acabando coa vida de 21 dos 24 mariñeiros a bordo.
A investigación xudicial débese a que un dos tres superviventes, o mariñeiro Samuel Kwesi, ofreceu unha versión distinta a dos outros dous; o patrón Juan Padín e o sobriño deste e mariñeiro tamén Eduardo Rial, e que apuntaría a posibles neglixencias que concluirían na traxedia.