lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsSucesosTres menores e a súa nai falecidos no incendio dun edificio okupado...

Tres menores e a súa nai falecidos no incendio dun edificio okupado en Vigo

Unha nai e tres dos seus fillos menores de idade son os falecidos do incendio de madrugada este mércores no edificio okupado número 6 da rúa Alfonso X O Sabio, en Vigo.

Nove feridos, algúns de gravidade como unha nena hospitalizada na UCI pediátrica do hospital Cunqueiro. Os feridos están hospitalizados en Povisa e no Cunqueiro.

A causa do incendio parece estar nunha motocicleta incendiada no acceso ao edificio. Ao abrir o portal, a corrente tería avivado o lume e propagado polas escaleiras bloqueando a salida aos residentes.

Os efectivos de seguridade xa acudiran en varias ocasións anteriores a este inmoble por distintos altercados, entre eles, lumes anteriores.

Os propietarios do inmoble iniciaran os trámites xudiciais para a desokupación do edificio e posteriormente realizar reformas nel, se ben non constaban deficiencias estruturais.

O Concello de Vigo ofreceu o albergue municipal aos veciños e veciñas desaloxadas e tamén atención psicolóxica.

O alcalde, Abel Caballero, anunciou tres días de loito oficial:

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride:

A concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS