O ministro de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Héctor Gómez, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníronse este martes e ao fin do encontro coincidiron en»boas perspectivas» nas posibilidades de Altri e Stellantis de facerse co fondos europeos para financiar os seus proxectos.
Rueda e Gómez, mantiveron unha xuntanza na sede do Ministerio en Madrid, e ao remate explicaron que desde o ministerio están buscando solucións para que os proxectos da fábrica de téxtiles de Palas e antiga Citroën accedan aos fondos europeos de recuperación aos que aspiran.