A conselleira de Ingraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse en Madrid este mércores co secretario de Estado do Transportes, David Lucas, para esixirlle un calendario en concreto dos trens Avril, desde a súa produción ata a súa entrega, para garantir que Galicia os reciba canto antes.
Un estudo co que conta a Xunta sinala a necesidade de 7 trens Avril para Galicia para garantir a chegada en tempo desde as tres provincias galegas a Madrid.
Vázquez tamén pediu información sobre as obras do viaduto do Castro na A-6, a transferencia da AP-9 ou o plan director do corredor Atlántico.
Ethel Vázquez: