«Aos docentes hai que coidalos con estabilización» dixo Rueda na sesión de control do Parlamento de Galicia, para logo anunciar unha nova oferta de emprego público para 2024.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este mércores que, o próximo ano 2024, o seu Goberno volverá sacar unha nova oferta de emprego público (OPE) para seguir “estabilizando profesores, como mínimo, como fixemos ata o de agora”.
Rueda fixo un repaso polos datos, que ao seu criterio defenden esa boa saúde, e tamén asegurou que «hai que coidar os docentes», e sinalou que 17.000 foron estabilizados nos seus postos desde o ano 2009 e anunciou unha nova oferta de emprego público no ano 2024.