Un pesqueiro cargado con máis de dúas toneladas de cocaína foi abordado fronte ás Rías Baixas por efectivos policiais da Udyco.
A operación diríxea a Audiencia Nacional. Nun primeiro momento producíronse 4 detencións a bordo do pesqueiro, aínda que a investigación segue aberta e non se poden descartar máis arrestos en terra.
Entre os catro tripulantes detidos habería polo menos un galego, o capitán do buque, que foi trasladado ao Porto de Vigo.
Esta actuación está impulsada pola Fiscalía Especial Antidroga, desde o xulgado de garda da Audiencia Nacional.
A droga tería sido recollida a pouca distancia da costa galega dun mercante de liña regular procedente de América do Sur.
Neste verán van 3 barcos incautados en condicións parecidas.