O Concello de Nigrán fará Historia no deporte español o sábado 9 de setembro deste ano en Monteferro, cando 168 mulleres participen por vez primeira nun trail por relevos exclusivamente feminino. A proba, bautizada como ‘Asaltamontes Female’, tome o nome da devandita asociación, fundada a finais do ano pasado pola corredora profesional Aroa Sío (natural de Fragoselo, Vigo) e a súa amiga Arancha Pérez de Lis co obxectivo de animar a máis mulleres a “botarse ao monte” porque elas seguen a ser unha clara minoría neste deporte. Esta carreira pioneira terá lugar durante toda a mañá en Monteferro en equipos de 4 mulleres.
“Non podemos esta máis orgullosos de facer Historia no deporte do noso país; sabemos que a partir desta proba de Nigrán virán moitas máis en puntos de toda a Península porque cundirá o exemplo”, explica o alcalde, Juan González, quen, de feito, agradece a Asaltamontes ter presentado este proxecto ao Concello de Nigrán.
A carreira é de prácticamente 3 km (percorrido circular) e será en equipos de 4 e por relevos, cunha duración de 5 horas de 9:00 a 14:00 horas. As categorías serán 5 (de ‘baby’ a ‘cañeras’), compostas pola suma de idades dos equipos. Esta deseñada así para, precisamente, favorecer a parte máis lúdica deste deporte e “enganchar” a todas aquelas mulleres que se animen por primeira vez.
“A contorna é marabillosa, o desnivel pequeno e non é unha carreira moi técnica, o obxectivo é que precisamente sexa un trail sinxelo que axude a que as mulleres lle perdan o medo a correr”, explica Arancha, quen recoñece que cando comezou, con 39 anos, este deporte a salvou dunha depresión. “Correr é saúde mental e física, pero moitas veces as mulleres non se atreven a saír soas ao monte ou non ven o momento, ou están centradas nos coidados familiares, por iso creamos Asaltamontes, para animarnos entre todas a correr en grupo. Quen o proba non o deixa”, garante. Así, aínda que esta será a primeira carreira oficial que organizan, “as asaltamontes” que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes).
En Galicia, só o 10% do total de participantes nas competicións de trails son mulleres. A celebración en Nigrán desta proba exclusivamente feminina agárdase que contribúa a aumentar esta porcentaxe, ese é o obxectivo final.