jueves, noviembre 21, 2024
InicioActualidadeDeportesArbo mellora o seu campo municipal para a tempada 2023/2024

Arbo mellora o seu campo municipal para a tempada 2023/2024

- O Concello de Arbo a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra, ven de realizar labores de limpeza e retirada de elementos non desexados, descompactación do céspede e/ou da carga para que non perda calidades de amortecemento, cepillado da cuberta artificial para evitar a perda de elasticidade e rozamento e medios para a reposición de area e caucho no campo de fútbol municipal

O Concello de Arbo, mellora as intalacións do campo de fútbol municipal de cara a tempada 2023/2024. Entre as actuación esta a mellora a iluminación do campo de fútbol: As actuacións están incluídas no proxecto IDAE que conta cun 80% de fondos europeos Feder a través da convocatoria de axudas e entidades locais para proxectos que favorezan a transición a unha economía baixa en carbono.

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo comparten como criterio que as entidades locais, como administracións máis próximas á cidadanía, deben ser os axentes protagonistas no deseño, no impulso da acción local e no desenvolvemento das políticas locais; ó tempo que, as deputacións, deben actuar como institucións que desenvolvan políticas, plans e actuacións que faciliten que concellos e cidadáns poidan obter os mesmos dereitos e servizos, polo que ambas administracións asinaban un convenio a través da convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono do instituto para a diversificación e aforro da enerxía no marco do programa operativo feder de crecemento sostible 2014-2020.

Estas actuacións forman parte do proxecto IDAE núm. FEDER-EELL-2020-005815 “Iluminación exterior sostible XII: renovación das instalacións de alumeado exterior do municipio e Arbo”, que conta con financiamento do 80% do FEDER a través do Programa Operativo FEDER de Crecemento Sostible 2014-2020 segundo a convocatoria de axudas a entidades locais para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha Economía Baixa en Carbono do IDAE.

Ademáis o Concello de Arbo a través dun convenio coa Deputación de Pontevedra, ven de realizar labores de limpeza e retirada de elementos non desexados, descompactación do céspede e/ou da carga para que non perda calidades de amortecemento, cepillado da cuberta artificial para evitar a perda de elasticidade e rozamento e medios para a reposición de area e caucho no campo de fútbol municipal.

Co obxectivo de recuperar para o conxunto da cidadanía os campos de fútbol da provincia, a Deputación impulsa un programa de colaboración cos concellos mediante a achega de maquinaria e de persoal para mellorar os campos que aínda poden ser recuperables ou ofrecer axuda para o mantemento dos de nova factura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS