jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsRematadas as obras da segunda fase de rehabilitación da antiga Casa da...

Rematadas as obras da segunda fase de rehabilitación da antiga Casa da Sociedade en Fornelos

- Esta rehabilitación tivo unha inversión de máis de 25.000 euros para levar a cabo os traballos en fachada e interior

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comunidade de Montes de
Fornelos, ven de rematar a segunda fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da
Sociedade, na parroquia de Fornelos.


Estas obras tiveron unha inversión total de máis de 25.000 euros cos cales se encintou e
lavou a fachada ademáis de preparar os pisos do interior da edificación.


Co remate destas accións avánzase na rehabilitación integral do edificio, cun gran valor
histórico e sentimental para esta parroquia, e con fin último de que sexa un punto de
referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para veciños e
veciñas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS