Chega o momento de despedir o mes de agosto e con el as actividades e programas de
conciliación que ofertou o Concello de Salvaterra de Miño durante os meses do verán.
Este xoves 31 de agosto despedimos ós máis de 360 nenos e nenas que nos acompañaron no campus de conciliación e nos cursos de natación. Con hinchables de auga e xogos moi divertidos fixeron unha festa de despedida no campus e nos cursos de natación remataron coa tradicional entrega de diplomas, un recoñecemento ó obxetivo cumprido coa cor correspondente que lles outorga o nivel acadado.
O campus de verán organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra comezou o pasado 3 de xullo no CEIP Infante Felipe e súmase ós programas de conciliación para as familias. En total tivo catro quincenas nas que asistiron en total máis de 200 nenos e nenas e nas que tamén se incluía a aula madruga e comedor.
En canto ós cursos de natación, impartidos pola Asociación ADA na Piscina Municipal da Canuda, foron preto de 160 alumnos e alumnas que dividos en dúas quendas (unha en xullo e outra en agosto) melloraron as súas habilidades no medio acuático mentres desfrutaban de xogos.
As vacacións do verán supoñen para moitas familias unha gran dificultade para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza este tipo de actividades dentro do seu programa de conciliación.