jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAbel Diego Acevedo, o "avó de Oia", cumpre 102 anos

Abel Diego Acevedo, o «avó de Oia», cumpre 102 anos

- O veciño de maior idade do concello de Oia, Abel Diego Acevedo, cumpriu esta fin de semana os 102 anos cheo de saúde e ledicia

Natural de Acevedo (Loureza), este veciño de Burgueira celebrou esta data tan especial na compañía dos seus seres queridos.


A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron o pasado domingo ao “avó de Oia” para felicitalo polo seu 102 aniversario e facerlle entrega dunha torta.


Neste día de celebración, as representantes do Concello transmitíronlle o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS