sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsPonteareas presenta o seu programa para as festas de setembro

Ponteareas presenta o seu programa para as festas de setembro

- A programación oferta actividades para todos os públicos e de índole diversa durante os 30 días do mes

A Alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, presentou esta mañá o cartel das festas de setembro, A Nosa Señora dos Remedios e San Miguel. O programa, que aínda ten citas por pechar, abrangue actos para todas as idades, nenos, adultos e familias, e de índole diversa para todos os gustos polo que se celebrarán eventos culturais, deportivos, lúdicos e musicais do 1 de setembro ao 1 de outubro.

Algúns dos exemplos máis destacados son o concerto Gala Lírica de Zarzuela “Soutullo na Ialma”, a XV Feira Tradicional dos Remedios, o LV Concurso Rexional de Gaitas do País, que rende homenaxe a Antonio Cabaleiro, ou a actuación Camiñantes e Cantantes presentada por Manuel Manquiña e Pepo Suevos.

A oferta deportiva comezará o venres, día 1 de setembro, co XIV Torneo de Tenis, ao que seguirán xornadas de bádminton, carreira pedestre, ciclismo, xadrez, fútbol, petanca e hóckey.

Ademais das habituais noites de verbena, haberá visitas guiadas polo casco vello de Ponteareas, o cemiterio ou o castro de Troña así como obradoiros infantís de cociña, artesanía ou xogos tradicionais.

Unha ampla oferta de actividades co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas unha forma de reunión, diversión e entretemento.

En total, máis de 50 actividades repartidas ao longo dun mes, nas que o ocio e desfrute serán os grandes protagonistas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS