sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Concello do Rosal saca a licitación para a reforma integral da...

O Concello do Rosal saca a licitación para a reforma integral da Escola Unitaria de Tabagón

- O prazo de presentación de propostas xa está aberto e pode consultarse toda a información na plataforma de contratación do Estado

Xa está aberta a licitación para a rehabilitación da Escola Unitaria de Tabagón, coa que o Concello do Rosal levará a cabo unha reforma integral do inmoble, coa que se reorganizarán os espazos e se mellorará a súa eficiencia enerxética. As empresas que desexen presentarse á licitación teñen de prazoata o 13 de setembro. Toda a información está dispoñible na plataforma de contratación do Sector Público.

O investimento total desta reforma ascende a 600.000 euros, e está cofinanciado con fondos europeos que o Concello captou a través do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP Local), enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Estas obras realízanse grazas á estratexia de captación de fondos europeos realizada polo Concello. Así, o 65%, será financiado a través deste programa PIREP Local e outros 210.000 euros, o 25%, serán financiados con fondos propios do Concello. A remodelación destas instalacións xa contara anteriormente cunha subvención da Deputación de Pontevedra para a redacción do proxecto de mellora de eficiencia enerxética, que ascendía a 8.500 euros.

Con esta reforma integral o Concello continúa a dar pasos cara a recuperación do seu patrimonio, modernizando os espazos educativos locais e apostando pola eficiencia enerxética, así como polas melloras na accesibilidade e na redución dos custos enerxéticos das instalacións. Así, trala rehabilitación integral acometida na Escola das Pías en 2022, agora é o turno da Escola de Tabagón, que trala reforma acollerá a sede do Centro Rural Agrupado, que coordina todas as Escolas Unitarias existente no Concello.

As escolas son unha prioridade para o Concello, xa que, ademais de ser inmobles con valor patrimonial e arquitectónico, son equipamentos educativos de gran importancia na estrutura territorial do municipio, que contribúen a fixar poboación. As reformas feitas neles repercuten directamente no benestar dos nenos, nenas e profesionais da educación que utilizan estas instalacións durante todo o curso escolar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS