jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoNigrán impulsa a creación dun hotel de 45 habitacións en Porto do...

Nigrán impulsa a creación dun hotel de 45 habitacións en Porto do Molle

- Ubícase nunha parcela de 3.000 m² na rúa das Pontes e disporá de piscina, garaxe, zona verde, salón social e restaurante como servizos complementarios

O Concello de Nigrán disporá ao longo de 2023 dun hotel de 45 habitacións e de primeira categoría en Porto do Molle, o único nesta ubicación. Así, o Concello concedeu este verán a licencia a empresa de Nigrán Worpint S.L. para construír esta infraestrutura de catro plantas sobre rasante nunha parcela de 3.048 m² na rúa das Pontes, ao carón do Centro de Negocios. Como servizos complementarios ofrecerá piscina, garaxe, restaurante e zonas verdes de esparexemento.

“É unha moi boa nova para Nigrán gañar prazas hoteleiras porque existe unha clara necesidade ao respecto. Neste caso, hai gran demanda por parte dos negocios e, pola súa situación estratéxica, atraerá a moitos turistas”, defende o alcalde, Juan González, quen subliña que “nos últimos anos tamén se instalou o Val Convention no centro de Nigrán con gran éxito ante o tirón que ten a localidade desde o punto de vista turístico e empresarial”, proba delo é que a promotora é Worpint, firma do sector naval que ten a súa sede no parque empresarial Porto do Molle. “Nigrán gañará un servizo máis moi necesario para xerar riqueza en todo o municipio, porque significará visitantes que se quedan aquí e non noutra na localidade. O persoal que se despraza por negocios a Nigrán ou por turismo moitas veces ten que ir a outras localidades por non ter habitacións dispoñibles”, explica.

O proxecto dos arquitectos Rogelio Pérez e Antonio Ameijeiras plantexa un edificio aillado de catro plantas sobre rasante de 14 metros de altura e unha baixa onde se atoparía o garaxe con 41 prazas, unha zona para bicicletas e servizos privados como lavandaría, almacén ou cuarto de instalacións de aerotermia (enerxía renovable empregada para a climatización sostible). Pola súa banda, no primeiro andar ubícase o restaurante e o salón social, destinándose os tres outros andares ás habitacións (constando dunha suite con terraza en cada un). Na cuberta atópase a zona de piscina cun vaso de 33,5 m² e maquinaria. Na parcela, o 20 % (un total de 644 m²) destínase a zona verde.

“Nesta caso concreto, Porto do Molle é unha área comercial e empresarial situada nunha contorna privilexiada desde o punto de vista paisaxístico e urbanístico. É un referente en toda España en termos de sostibilidade ambiental, deseño urbano e modernidade, un lugar con atractivos como a senda peonil do río Muíños que finaliza en Praia América, polo que este hotel realmente dará servizo á viaxeiros vinculados ao parque e tamén a turistas que desexan gozar das vacacións en Nigrán”, considera o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS