viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaO Camiño da Baxiña, en Tameiga (Mos), obxecto de obras de acometida...

O Camiño da Baxiña, en Tameiga (Mos), obxecto de obras de acometida da rede de saneamento

- O tramo da nova rede do colector dará servizo a 10 vivendas

O Concello de Mos, contando con axuda autonómica, atópase inmerso na acometida das obras de “Saneamento no Camiño da Baxiña-parroquia de Tameiga”. Estas obras foron necesarias para completar as redes de alcantarillado e darlle servizo á maxima extensión do Concello en xeral e da parroquia de Tameiga en particular.

As obras necesarias para realizar a acometida do “saneamento no Camiño da Baxiña-Parroquia de Tameiga”, coas que se completan ditas redes e permiten que dita instalación de saneamento dea servizo á maxima extensión do Concello, consisten na canalización das diferentes tubarías de PVC destinadas á rede de saneamento incluíndo todas as operacións complementarias: excavacións, pozos, reposicións …

As obras deste proxecto de instalación de sanemento consisten na ampliación e mellora da rede na parroquia de Tameiga, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que aínda carecen deste servizo.

Deste xeito lévase a cabo a ampliación e mellora da rede de saneamento da parroquia de Tameiga, co fin de chegar a todos aqueles lugares e vivendas do concello de Mos, que carecen do servizo. Levarase a cabo a execución de 294,00 m de saneamento por gravidade, e 90,00 metros por impulsión, na parroquia de Tameiga, máis concretamente no Camiño de Baxiña.

O total de vivendas a conectar ascende a 10 vivendas. E o orzamento da obra a preto de 40.000 euroos, 39.995,07 € para ser exactos.

O financiamento dos traballos realízase conxuntamente entre as administracións autonómica e local, sendo o importe subvencionado pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental, o 75%: 29.996,30 €; e o importe que achega Concello, o 25% restante: 9.998,77 €.

As obras quedarán executadas e finalizadas antes de finais de ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS