Este domingo 27 de agosto o parque “Mercedes da Escaleira” acollerá esta tradicional romaría baionesa a partir das 12:00h. Ás 13:00h celebrarase a Misa Solemne aos piés do monumento e acto seguido actuará a “Asociación Folclórica Vila de Baiona” e a asociación cultural “A Seneira”.
Ao redor das 14:00h está previsto que comece a tradicional comida campestre composta de sardiñas, pan de millo e viño. Degustaranse para a ocasión máis de 200 Quilos de sardiñas, 200 Quilos de pan de millo e 200 litros de viño do país a 4 euros a ración para todos os romeus e #romeu que se acheguen o domingo aos pés do monumento da Virxe da Roca.
(Realizarase se o índice de risco diario de incendio forestal permíteo)
Como novidade este ano, entre as 16:00-18:00h haberá xogos tracionales e animación infantil.
Xa pola noite a praza do concello acollerá o concerto de Antonio Barros a partir das 22:30h.
A historia da Romaría da Virxe da Roca
A Romaría da Virxe da Roca é organizada polo Concello de Baiona preservando inalterables os costumes e tradicións da Vila de Baiona que se remontan ao 18 de setembro de 1910, data na que se colocou a primeira pedra do monumento e na que se depositou unha caixiña de zinc contendo dúas moedas de ouro, dous de prata e dúas de bronce, xunto cunha copia da acta de tal acontecemento.
A súa construción foi posible por subscrición popular e por unha importante colecta de emigrantes españois en Cuba. A escultura foi inaugurada o 14 de setembro de 1930 e ao longo dos anos foi festexada con diversos actos e cerimonias relixiosas e profanas que aínda hoxe en día seguen repetíndose como marca o costume e tradición o último domingo de agosto ao pé do monumento.