A XXVIII Edición da «Festa dá Lamprea Seca» cubrimpriu un ano máis as expectativas de asistencia de público; coa presenza de centenares de persoas que un ano máis, non dubidaron en acudir a esta celebración gastronomica. O alcalde da localidade, Horacio Gil, en nome do Concello agradeceron a masiva acollida e a excelente xornada de convivencia a todos os asistentes.
Os días 11, 12 e 13 de agosto o Concello de Arbo, celebraba na Carballeira de Turbela a XXVIII Festa da Lamprea Seca coa degustación deste manxar rechea, en empanada e asada a brasa, donde centenares de visitantes e turistas se congregaron para honrrar a nosa Raiña a “Lamprea” acompañada dos viños das Adegas de Arbo.
Durante os tres días deixáronse ver polo municipio os visitantes que aos poucos se achegaron á degustación da lamprea seca como protagonista e dos viños das adegas de Arbo presentes na Carballeira de Turbela. Representantes institucionais, visitantes e déronse cita neste evento.
A Festa da lamprea Seca, é unha oportunidade para descubrir en todo o seu esplendor a lamprea, Arbo, os seus costumes e as súas xentes – explica Horacio Gil, alcalde de Arbo – A lamprea e os nosos viños de Rias Baixas, que cada vez son máis demandados polo público en xeral, pódelos degustar durante os tres días na Carballeira de Turbela.
Os tres días da Festa ofrecéronse aos asistentes a este evento unha contorna cálida, acolledora e unha «Lamprea Seca» apetecible. A Festa da Lamprea naceu hai 28 anos, co obxectivo de dar continuidade á promoción desta delicia gastronómica e poñendo en valor estoutras formas de preparar a lamprea fóra de tempada, e tras a acollida e centenares de visitantes que visitaron a Festa, o ano pasado ampliouse a programación aos a tres días.
Ademais da oferta gastronómica que brindou a feira, con casetas de produtos, a degustación da lamprea e o viño de Arbo, os visitantes tamén puideron gozar dun amplo e completo programa turístico e sociocultural que incluíu actuacións musicais coas que se amenizou o encontro durante os tres días, unha andaina, unha marcha ciclista, visitas guiadas ao Museo Arabo e unha Feira de Artesania.
Desde o Concello seguimos na mesma liña de promocionar e poñer en valor o noso Turismo único, a lamprea, os viños das nosas Adegas con D.O. Rías Baixas, a gastronomía, o enoturismo, o patrimonio, a paisaxe, a natureza, o deporte de aventura, as pesqueiras, os nosos grupos…. Remata o rexedor de Arbo, Horacio Gil
A Festa da Lamprea Seca, e un evento que cada ano se supera en programación é en visitantes, e esta a converterse nunha cita veraniega que cada ano congrega maís de visitantes. Unha Festa que en cada edición supera as expectativas do Concello polo gran afluencia de público.