domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui procede a renumeración dos inmobles do termo municipal

Tui procede a renumeración dos inmobles do termo municipal

- O proceso é totalmente gratuíto para a veciñanza

O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta. Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.

Neste momentos unha empresa contratada polo Concello está a colocar en todo o termo municipal, agás no centro urbano, as placas identificativas co nome do barrio ou rúa e o número correspondente. Este proceso é totalmente gratuíto para os veciños e veciñas, que o único que deben facer é facilitar a colocación da mesma por parte dos operarios da empresa contratada. Para proceder a este labor dende a empresa estase a contactar coa veciñanza para proceder á instalación da sinalada placa. Aquelas vivendas onde se produce un cambio na numeración están a recibir unha notificación por parte do Concello.

O que si terán que facer os veciños e veciñas, aos que lles mude o seu enderezo é informar do cambio ás empresas de subministros de luz, auga, telefonía,.. así coma aos distintos organismos coma Axencia Tributaria, Xefatura de Tráfico, Seguridade Social, SERGAS… ou outros organismos e entidades que teñan que ser coñecedores do seu enderezo. O Concello realizará automaticamente o cambio no padrón e no catrastro.

A nova numeración pódese consultar na web municipal ou na sede electrónica no apartado 13 de Padrón e Demarcación Territorial na Área de Transparencia ou presencialmente na Secretaría na casa do concello. No documento denominado “Distribuidor” débese localizar o mapa correspondente ao inmoble e descargar logo plano correspondente onde ven sinalizada a nova numeración e entre parénteses a antiga.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS