sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasPosta a punto das escolas infantís de Mos

Posta a punto das escolas infantís de Mos

- O tenente de alcaldesa e a edil de Política Social de Mos visitaron as instalacións nas que se fixeron traballos de mantemento e mellora financiados polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo propio Concello

O tentente de alcaldesa de Mos, Camilo Grandal, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, visitaron esta mañá as Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos, Veigadaña, Cototorrón e Porteliña, para supervisar os traballos de posta a punto de cara ao inicio do curso o mes que vén.

As 3 Escolas están a ser obxecto de melloras de cara ao novo curso 2023-2024. Melloras realizadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e polo propio Concello.

Durante todo este mes de agosto, tempo no que as instalacións atópanse pechadas por vacacións, aprovéitase para realizar traballos de limpeza, mantemento e mellora; tanto no interior como nas zonas exteriores e xardíns. Nas tres escolas realizouse unha importante inversión, contando cunha subvención total de 30.178,13 euros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Estas obras de optimización consistiron na substitución do caucho por céspede artificial na Escola Infantil da Veigadaña, a petición dos membros da ANPA e dos pais e nais de alumnos/as en xeral; e agora instalaranse toldos en todas as ventás  para previr e paliar as altas temperaturas nas aulas do edificio durante os días de calor.

Na Escola Infantil da Porteliña, instalación de novos módulos de xogos no xardín e mellora dos sistemas de seguridade. E na Escola Infantil de Cototorrón, pintado interior das dependencias.

Así mesmo, por outra banda, nos interiores, realízanse labores común nas tres Escolas Infantís de revisión e reparación ou substitución, se procede, de luminarias e reparacións de fontanería e renovación de grifería.

Agora mesmo hai 70 nenos/as matriculados na Escola Infantil da Veigadaña, 41 nenos/as matriculados en Cotorrón e 41 en Porteliña. En total comezarán o curso o vindeiro setembro 152 cativos/as.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS