O escultor Carlos Fernández inaugura este domingo, 20 de agosto, unha exposición no Centro Social da parroquia tomiñesa de Estás. A mostra, que estará aberta ao público durante unha semana, ata o 27 de agosto, enmárcase nas actividades da XXIII Semana Cultural de Estás.
Carlos Fernández é un dos artistas máis salientables de Tomiño. Iniciou os seus pasos na escultura da man do mestre Magín Picallo, e a súa obra é coñecida por presentar figuras antropomórficas, bustos, figuras ximnásticas ou retratos. Este escultor traballa con diversos materiais, como pedra, madeira, bronce, arxila ou silicona, e caracterízase por moldear esculturas de gran tamaño.
A visita á exposición é de balde e é unha oportunidade única de visitar a impresionante obra escultórica de Carlos Fernández.