Esta mañá na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño comezou o primeiro dos
obradoiros que se imparten dentro do Programa “Xuntas” unha iniciativa conxunta cos
concellos de Salceda e As Neves cofinaciado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de
Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
O luns 21 de agosto teremos o seguinte obradoiro “O arte no camiño de empoderarte”
ás 10:00h na Biblioteca e o xoves 24 a cita será no Espazo Lúdico Termal de Teáns –
Oleiros ás 10:00 onde realizarán un exercicio terapéutico e de saúde. Para máis
información sobre estas actividades poden dirixirse ó teléfono 685 211 882.