domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsSalvaterra acolle a exposición "Protempo"

Salvaterra acolle a exposición «Protempo»

- A mostra con material interactivo exposta no Concello ata o vindeiro 17 de agosto ten como obxectivo incrementar a rapidez e eficacia de resposta dos efectivos de emerxencias e a súa vez a coordinación coa ciudadanía ante os desastres naturais

Salvaterra de Miño acolle esta semana unha exposición itinerante enmarcada no proxecto “Protección Transfronteiriza de Emerxencias dirixida á Poboación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Protempo)”que percorrerá a área transfronteiriza.


A iniciativa ten como obxectivo promover a concienciación sobre o cambio climático e a
prevención e xestión de riscos, así como aumentar a resilencia territorial ante os perigos
naturais nas zonas de fronteira.


A mostra consta de paneis e material audiovisual sobre situacións de risco na Eurorrexión
e proporciona información sobre as causas, impacto e recursos para combatelas.


A Xunta de Galicia busca con este proxecto, no que participa tamén Portugal a través da
Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, incrementar a rapidez de resposta dos
efectivos de emerxencias, e a súa coordinación coa ciudadanía, antes os desastres
naturais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS