O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de mellora e reparación nas
Casas de Cultura de Fiolledo, Corzáns, Meder, Leirado, Soutolobre, Lourido e Alxén. Estas
obras enmárcanse dentro do plan de mellora nos servizos e infraestruturas que o
Concello está realizando que consisten na reposición de tellas e arranxo no tellado,
limpeza de cuberta, aplicación de hidrofugante, formación de caneletas, reparación de
grietas e pintado exterior.
Rematadas as obras nas casas culturais de sete parroquias de Salvaterra
- As obras forman parte dun plan de mellora dos servizos municipais a través do Plan Concellos da Deputación Provincial