viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra, celebrará maña a tradicional Romaría na...

A parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra, celebrará maña a tradicional Romaría na Ermida do Monte Castelo

- A capela, punto de interese paisaxístico e turístico, é conocida como “mirador do Val do Tea” e cumpre cen anos dende a súa reforma exterior (1923-2023)

A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras celebra o vindeiro 15 de agosto a
tradicional Romaría no Monte Castelo na honra da Nosa Señora da Asunción, pondo
así en valor o contorno. Ó mesmo tempo conmemora o centenario da reforma da
Ermida e levará a cabo o III Fraternal Encontro con diversas imaxes que peregrinan
dende parroquias achegadas.

A programación comeza xa pola mañá coa celebración da Misa ás 10:00h na Igrexa
Parroquial e a continuación sairá ás 11:00h a procesión ata a Ermida con máis de dez
imaxes.

Ó longo do día haberá pulpeiro, musica tradicional galega, danza e pandereteiras
ademais dun xantar popular cos romeiros e veciños polas ladeiras do monte
amenizado pola música dunha charanga.

Xa ás 19:00h sairán as imaxes romeiras cara as súas parroquias e a partir das 21:45h
farán a baixada coa tradicional procesión das candelas.

A Ermida de Monte Castelo da Nosa Señora da Asunción na parroquia de Pesqueiras
atópase sobre un antigo castro romanizado nun enorme peñasco granítico, un enclave
cunhas fantásticas vistas que chama a atención de moitos turistas, veciños e veciñas.
Sobre este lugar xa atopamos referencias no ano 991, pero como tal aparecen
referenciadas notas do ano 1592, e na súa espadaña figura a data de 1783 como
construción do cierre frontal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS