Centos de persoas achegáronse onte a Chenlo para degustar a súa ración de cabrito. A décimo terceira edición da Festa do Cabrito ao Espeto agotou existencias e deu mostra, un ano máis, de que se trata dun evento consolidado que cada primeiro de agosto é quen de congregar a persoas chegadas de toda a provincia.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer “á comisión que fai posible que esta festa sexa unha realidade, aos patrocinadores que co seu apoio axudan na organización e a toda a xente que se achega a Chenlo a compartir cos veciños e veciñas este día tan importante para nosa parroquia”.
Esta festa gastronómica arrancou no ano 2009 da man dun grupo de veciños e co seu esforzo e implicación lograron facer da mesma unha cita ineludible da axenda estival da provincia.