viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsA Xunta destina 315.000 euros a liberar o trafico no centro urbano...

A Xunta destina 315.000 euros a liberar o trafico no centro urbano de Arbo

- Estas obras acométense ao abeiro plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais

A Xunta de Galicia destinou ao redor de 315.000 euros á humanización dunha nova rúa no Concello de Arbo para liberar o tráfico do centro urbano da localidade ao comunicar a rúa Vázquez Estévez e a estrada PO-400.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, acompañada do alcalde da localidade, Horacio Gil, visitou hoxe a nova vía, que ten unha anchura de 10 metros, que comprende dúas beirarrúas de 2,5 m., aparcamento de 2,1 m. e calzada de 2,9 m.

Para facilitar a mobilidade peonil, reducirase a velocidade a 30 km/h, sinalizáronse 3 pasos peonís elevados e fíxose unha senda peonil no entronque coa PO-400 coa previsión de poder continuala no futuro ao longo desta estrada.

A maiores, tamén se levaron a cabo actuacións como demolicións, escavacións, recheos e rozas; renovacións de pavimentos; melloras nas redes de abastecemento, pluviais, alumeado ou telecomunicacións, e instalación de sinalización de mobiliario urbano.

Estas obras acometéronse ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego en 2010 co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos municipais.

Deste xeito, segundo explicou Encarnación Rivas, o Goberno galego financia o 70% do custo das obras e o concello achega o 30% restante, un apoio económico que resulta clave para que moitos municipios poidan acometer obras de humanización que, como esta, inciden de forma moi positiva na calidade de vida da veciñanza e na habilitación de espazos públicos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS