Este proxecto representa un paso significativo na promoción do turismo sostible e a comodidade para os visitantes que viaxan en autocaravana. A Área de Autocaravanas en Allariz busca brindar aos turistas unha experiencia única ao permitirlles gozar da beleza natural e da riqueza cultural nun entorno próximo ao centro de Allariz a beira do río Arnoia, ao mesmo tempo que fomenta prácticas de viaxe responsables e respectuosas co medio ambiente.
A nova Área de Autocaravanas de Allariz xa recibiu os seus primeiros visitantes
- Allariz xa conta con Área de Autocaravanas situada no entorno do Ferradal, ao fondo do recoñecido Festival Internacional de Xardíns de Allariz, na rúa Portovello.