O novo conselleiro maior do Consello de Contas toma posesión do seu cargo
- Hoxe tivo lugar a toma de posesión do novo conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro Fernández, no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia. Aladro, que foi escollido por unanimidade polos 75 membros da cámara, foi ata 2023 fiscal xefe provincial de Pontevedra, cargo que ocupou durante 16 anos.