Esta II edición impúxose ao mal tempo e rematou con outro éxito innegable de organización e de participación, nunha xornada cargada de diversión, música, desfiles e 1.500 euros en premios (bonos para canxear no comercio local) para as mellores comparsas nas categorías grupal e individual.
Unha festa que se iniciou xa pola mañá con inchables, obradoiros e xogos populares para os máis pequenos, instalados nunha zona infantil na Praza Maior.
O programa da xornada cambiou a hora do pregón, previsto para ás 12 da mañá e que se trasladou ás 17h, agardando que mellorara o tempo, como así sucedeu. Este ano o Pregón tiva unha emotiva carga sentimental, adicado ao noso veciño e grande deseñador de moda José Castro, finado o pasado mes de xuño, pero moi presente entre todos os cañicenses.
A xornada estivo amenizada pola Charanga SDK, encargada de por música e alegría na sesión vermú, percorrendo as rúas do centro da Vila.
Ás 19:00h comezou o desfile e o concurso de disfraces, cunha participación de 50 comparsas ( 24 na categoría grupal e 21 individual), con premios valorados en 1500€ .
Os premios consistiron en bonos para canxear nos establecementos da Cañiza por valor de 700€ para o 1º premio, 300€ para o 2º premio e 150€ para o 3º clasificado, na categoría de comparsa. Os tres mellores disfraces da categoría individual estaban premiados cunha noite na Rectoral para o 1º premio, un bono de 100€ e outro de 50€ para o 2º e 3º clasificado.
A partires das 23.30 h comezou a PARTY NIGHT, con sesión Dj na Praza Maior, amenizada por Diego Mei, Khris Guez e Gabryd que rematou a altas horas da madrugada.
Dende o Concello, o Alcalde agradeceu o esforzo e traballo desenvolvido polos organizadores e colaboradores do evento e felicitounos polo éxito acadado. Agradecemento extensivo tamén a todos os participantes e público asistente.