O venres tivo lugar na Piscina Municipal da Canuda o peche da 1a quenda dos cursos
de natación dirixidos pola Asociación ADA en colaboración co Concello de Salvaterra de
Miño, onde os nenos e nenas tiveron o recoñecemento polo obxectivo cumprido cun
diploma coa cor correspondente, que lles outorgaba o nivel acadado.
Unha ledicia contemplar estas xornadas lúdicas e formativas, onde os rapaces e rapazas
melloran as súas habilidades no medio acuático mentres desfrutan de
diversos xogos.
A partir do vindeiro martes comezará a 2a quenda do curso de natación que se
prolongará durante o mes de agosto.