viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasMondariz esixe a substitución do persoal do centro de saúde

Mondariz esixe a substitución do persoal do centro de saúde

- A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade no Concello de Mondariz, Ma José Álvarez Rodríguez, vén de rexistrar unha queixa formal na Xerencia de Atención Primaria de Vigo, polo traslado temporal dun médico do centro de Saúde de Mondariz a Salvaterra.

Na xornada do martes 18 de xullo, un dos tres médicos que prestan os seus
servizos no centro de saúde de Mondariz, foi desprazado ó centro de saúde
de Salvaterra para cubrir ausencias de persoal de dito centro. «Os pacientes
citados miraron canceladas as súas citas, sen saber para cando poderán ser
recitados. As urxencias e trámites burocráticos que non poden ser aprazados,
como partes de baixa, controis de Sintrom, foron atendidos polo persoal do
Centro, incrementando a xa considerable sobrecarga asistencial habitual, en
un centro con poboación moi envellecida e maior con moita patoloxía e con
asistencias diarias en domicilios. A día de hoxe seguimos sen resposta e sen
solución», din dende o Concello.


Tamén engaden que dende este luns 24 de xullo ata o día 14 de agosto, o centro
de saúde de Mondariz carece de servizo de pediatría, e se xorde algunha
urxencia, hai que desprazarse ata o centro de saúde de Salvaterra que está a
30 minutos do centro de saúde de Mondariz, quedando sen poder axendar as
revisións pediátricas do Programa do Neno San e as consultas.


Por iso dende o concello de Mondariz solicitan unha substitución na súa
totalidade do persoal para poder prestar con garantías e eficiencia unha
atención primaria adecuada á poboación de referencia, posto que esta
desorganización e falta de previsión, tradúcese en non poder concertar citas,
en consecuencia, danar á atención adecuada ó paciente e usuarios

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS