A parroquia de Chenlo celebra o 6 de agosto a décimo terceira edición da súa “Festa do Cabrito ao Espeto”. Como cada primeiro domingo de agosto, o campo de fútbol en Chan da Carreira, acollerá esta festa gastronómica que grazas ao esforzo e á implicación dos veciños, logrou consolidarse como evento de referencia en toda a provincial.
“Os verdadeiros cabritos”, acompañados polo alcalde Alejandro Lorenzo, que é un deles, presentaron a nova edición que aspira a repetir o éxito das anteriores. A parroquia preparará preto de 100 cabritos con todo disposto para recibir a centos de comensais.
A festa arrancará ás 11 h coa degustación de pinchos , amenizada por un grupo de gaiteiros e unha charanga. Ás 13 h dará comezo a comida popular do Cabrito ao Espeto, na que todos poderán degustar este exquisito prato elaborado na súa forma máis tradicional. A nota musical da xornada correrá a cargo do grupo 3.COM e como cada ano levarase a cabo entre todos os asistentes o sorteo dun cabrito dos Cabreiros de Chenlo.
No tocante aos prezos, o cabrito enteiro terá un custe de 2020 euros, medio cabrito 110 euros, a ración de churrasco será de 20euros e o pincho degustación de 5 euros. Este ano hai unha novidade, o Combo para parellas que costará 70 euros.
As reservas pódense facer físicamente ata o venres, 4 de agosto no restaurante Timarsane, no Café Bar Lourambal e na tenda de Natursueño Porriño. Tamén se pode se pode ata o 3 de agosto facendo unha unhta trasferencia na conta ES24 2100 9302 0051 3345 e enviando o comprobante de pago a cabritoespeto@chenlo.gal ou ao whatsapp 666979043 indicando número de persoas e teléfono de contacto. Para máis información podedes chamar aos números 647142782 ou 666979043.
“Para min esta festa é orgullo e identidade, ademais de significar a unión de toda unha parroquia que se xunta para pasar un día marabilloso xunto a todos os que nos visitan”, explicou o rexedor, animando “a todas e todos a visitarnos e gozar con nós da nosa gastronomía e da nosa xente”.
I Tractorada de Chenlo
Este ano a festa gastronómica terá como antesala un evento que arranca con ánimo de consolidarse tamén. Trátase da I Tractorada de Chenlo, que ofrecerá unha exhibición de tractores clásicos e novos a todo aquel que se achegue ao campo de fútbol o 5 de agosto. A partir das 17 h comezarán a ruxir os motores e comezará a festa, con premios, agasallos para os participantes e o chouripán para coller forzas.