viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasA Escola de Verán do Concello de Baiona chega ao seu fin

A Escola de Verán do Concello de Baiona chega ao seu fin

- 117 nenas e nenos participaron na Escola de Verán do Concello de Baiona que chega hoxe ao seu fin

A Escola de Verán 2023 de Baiona chega o seu fin con gran éxito de participación. Un total de 117 nenas e nenos participaron nesta iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2023(Liña 2).

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a Concelleira de Igualdade, Sheila María González Martíns, achegáronse ata o CPI Covaterreña ao acto de clausura do programa municipal e intercambiaron opinións cos cativos e cativas sobre a súa experencia.

Os nenos e nenas participantes puideron gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluíron desde xogos ata talleres e manualidades. A programación da escola deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado para que os máis pequenos e pequenas disfruten do verán e coñezan diferentes lugares da localidade na que residen. Programouse unha saída semanal, na que puideron coñecer de primeira man o renovado museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación…. Neste calendario de saídas colaboraron diferentes entidades locais, como o Viveiro de Sabarís que ofreceu un interesante percorrido polas súas instalacións.

O programa desenvolveuse ao longo deste mes de xullo, de luns a venres de 8:00 a 15:00h. no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. Houbo flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15h. ) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00h) para facilitar a conciliación das familias.

A Concelleira de Igualadade, Sheila María González Martíns, destacou que o vindeiro ano “ten como obxectivo prolongar a escola e que de comezo a fináis de xuño para favorecer a conciliación”.

A escola de verán consolidouse como un servizo municipal de conciliación imprescindible que se iniciou como experiencia piloto no municipio en 2009 no CPI Cova Terreña como experiencia piloto ampliándose logo aos dous centros escolares.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS