jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra e Monçao levarán a cabo un programa de envellecemento activo na...

Salvaterra e Monçao levarán a cabo un programa de envellecemento activo na raia grazas os fondos europeos

- Desenvolveranse accións conxuntas para persoas maiores nun proxecto que se levará a cabo entre o 2024 e o 2025

A Eurocidade de Monçao-Salvaterra ven de recibir a notificación da aprobación, a través
da Candidatura a 2a Convocatoria POCTEC 2021-2027 da AECT Río Minho, do proxecto
piloto de envellecemento activo na raia.

Accións conxuntas que fomentarán a autonomía das persoas maiores, un proxecto piloto
que se levará a cabo entre o 2024 e o 2025, e que está enfocado as persoas de máis de
65 anos que viven no nosos territorio, en total máis de 8.500 homes e mulleres.

Esta acción piloto contempla a realización de eventos, actividades como a creación de
grupos de conversación e prensa, ximnasia, xogos, actividades de estimulación, saídas
grupais e excursións conxuntas…

Paralelamente á realización destas actividades impulsarase a creación e posta en marcha
do Consello Intermunicipal Transfronteirizo das Persoas Maiores da Eurocidade, que
contriburá a planificar as políticas máis adecuadas para este colectivo.

O Convenio asinado o 28 de marzo de 2015 para a constitución da Eurocidade Monçao-
Salvaterra fixa como principal obxectivo da Eurocidade ó aunar esforzos e recursos de

ambos municipios co fin último de contribuir á mellora da calidade de vida dos seus
cidadáns. Esta acción piloto céntrase nun segmento especialmente sensible destes
cidadáns, o da poboación maior de 65 anos.


Para estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño consegue máis de 40.000,00€ cos
cales poder sacar adiante este proxecto que ten como fin último mellorar a calidade de
vida dos seus maiores

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS